PAZ Rodríguez, que dispón dun cadro de persoal integrado por preto de cen persoas, acolleuse ao programa Galicia Inviste para incorporar nova maquinaria que lle permitirá ampliar a súa capacidade de produción desenvolvendo no interior das súas instalacións partes do proceso produtivo, en concreto na liña de corte, que ata agora tiña que externalizar.
Cividanes lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegou financiamento durante os últimos meses, mediante préstamos directos e axudas como as do programa Galicia Inviste, 52 proxectos empresariais que mobilizan investimentos que superan os 35 millóns de euros. O programa Galicia Inviste acaba de prorrogarse ata o próximo 31 de maio para seguir apoiando proxectos de investimento en Galicia.
A empresa téxtil, localizada no Polígono de Valadares, está especializada na confección de prendas de punto infantís. De feito, PAZ Rodríguez é una compañía con clara vocación internacional que se ten acollido ás axudas do Igape para avanzar en mercados exteriores. Actualmente, os seus produtos poden atoparse en medio cento de mercados internacionais, incluíndo países tan diversos como Estados Unidos ou Israel, Emiratos Árabes, Alemaña ou México.
PAZ Rodríguez tamén contará co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria para coñecer, ao abeiro do programa Reacciona TIC, as súas capacidades e oportunidades de mellora da competitividade cara a Industria 4.0.