Estas nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, coma en todas as edicións pasadas, serán os protagonistas para os pases de moda infantil. Así, para isto, Fecimo celebrará como cada ano un casting para coñecer aos novos talentos da comarca.
O proceso de selección terá lugar o vindeiro día 25 de abril no andar superior da Praza de Abastos de Moaña, ás 17:00 horas. Os nenos e nenas participantes terán que amosar o seu estilo para desfilar baixo a atenta mirada do xurado, composto por membros da axencia contratada para a coordinación dos modelos. Seranlle sacadas fotografías durante a proba, na que se valorará que os pequenos se desenvolvan diante do público de xeito desenfadado.
A inscrición previa é obrigatoria e está aberta dende este martes 16 ata o luns 22 de abril ou ata que se cubran as primeiras 130 inscricións. Estas poderanse tramitar a través do formulario que se atopa na web www.fecimo.es indicando os datos requiridos. O pai/nai ou titor legal deberá autorizar debidamente a participación do neno ou nena no certame.
Amodiña 2019 celebrarase o 11 de maio ás 21:00 horas no Palco da Música situado no Paseo Marítimo de Moaña.