O prezo inclúe transporte en autobús, dúas noites en hotel de tres estrelas, almorzo e ceas no hotel, comidas a pé de pista e dous días de ‘forfait’ con seguro. De xeito opcional ofrécense clases de esquí (32 euros) e aluguer do equipo (nenos 26 euros e adultos 38 euros).
O programa consta de chegada a Alto Campoo, reparto de habitacións e cea o día 8; almorzo, esquí, comida a pé de pista, regreso ao hotel e cea o día 9; almorzo, mañá de esquí, comida a pé de pista e regreso a Nigrán o día 10.
Os interesados poden inscribirse dende o 11 de xaneiro ao 5 de febreiro na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas.