Segundo explicou o alcalde, a licitación deste concurso forma parte da cooperación da Deputación de Pontevedra co aeroporto de Vigo e coa cidade, algo que «satisfai» ao alcalde porque foi un «compromiso adquirido coa cidadanía» para potenciar a terminal viguesa que é a de «toda a provincia». Así, apuntou que o seu goberno seguirá impulsando o aeroporto de Vigo e criticou que a Xunta de Galicia non lle dedique «nin un euro».
As accións turísticas recollidas no contrato están dirixidas a a traer turismo de escapada, negocios, familiar, xuvenil, gastronómico, de eventos e de reunións. No caso do voo Vigo-Valencia-Vigo deberá estar operativo entre abril e setembro, mentres as conexións con Palma de Mallorca e Mallorca e Ibiza funcionarán entre xuño e setembro.
Vixilancia nos centros de distrito e convenio coa Fundación Casablanca
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde á proposta de aprobación da contratación por procedemento aberto do servizo de vixilancia nos centros municipais de distritos por un importe anual de 75.000 euros. Abel Caballlero explicou que o Concello está traballando na descentralización coa apertura de oficinas municipais en diferentes de zonas da cidade, como é o caso da Miñoca ou Navia, onde avanzou que haberá unha nova oficina descentralizada, para que a cidadanía poida realizar xestións sen ter que desprazarse ás dependencias da Praza do Rei.
Ademais, quedou aprobado o convenio coa Fundación Coral Casablanca para o seu programa de concertos 2016 cun apoio de 10.000 euros.