Un grupo de 54 persoas procedentes de Pontecesures, da Asociación A Barcarola, realizarán o sábado unha ruta que comezou cun percorrido por Lalín, unha visita aos Pendellos de Agolada e outros recursos turísticos destes concellos do Deza. Tamén o sábado outras 54 veciñas e veciños de Redondela, da Asociación Agarimo de Chapela, terán a oportunidade de coñecer a Illa de Ons e a localidade de Portonovo, ao igual que o farán un grupo de 54 persoas da Asociación San Andrés de Vea da Estrada.
Ata Redondela, percorrendo a Illa de San Simón, e trasladándose ata Ponte Sampaio e o Castelo de Soutomaior chegarán un grupo de 54 persoas da asociación FEAFES de Pontevedra o próximo 2 de setembro, como tamén o farán máis de 53 persoas procedentes de Vilagarcía, de Trabanca Sardiñeira. O mesmo día que escolleu a Federación Terra Miño de Tomiño para que 54 persoas que a integran coñezan as Illas Cíes e o barrio vigués do Berbés, tal e como farán tamén 55 persoas de Santa María de Caldas de Reis.
Pola súa banda, 54 persoas da Asociación Pescadores Deportivos de Marín partirán o sábado cara Ponteareas e Salvaterra de Miño e outras 55 da Asociación de Mulleres Rurais de Xustáns, en Ponte Caldelas, percorrerán a Ría de Arousa, O Grove e o xacemento da Lanzada.
Xa o domingo, un grupo de 54 persoas da Asociación de Veciños Pardavila de Marín se trasladarán ata Redondela para coñecer a Illa de San Simón e o Museo Meirande e, posteriormente, ata Ponte Sampaio e o Castelo de Soutomaior, ao igual que o farán 97 persoas da Casa Cultural Antorcha de Ponteareas e outro grupo de 54 mulleres da Asociación Avelaíña de Vilagarcía de Arousa. Mentres que un grupo de 54 veciñas e veciñas de Redondela, de Arela de Saxamonte, visitarán as Illas Cíes e o barrio do Berbés.
Tamén o 3 de setembro visitarán O Grove un grupo de 54 persoas da Asociación Vaiven de Marín e outro de 108 persoas de Mulleres Rurais A Torre da Barreira de Riobó, na Estrada, coñecerán as Illas Cíes.
Pola súa banda, 106 persoas da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove e outras 55 da asociación Gaiteiros de Moaña partirán cara a Illa de Ons e completarán a súa visita cun percorrido por Portonovo o 3 de setembro. E, ese mesmo día, tamén foi o escollido pola Asociación Monte da Mina de Castrelos para que un grupo de 54 persoas coñezan Silleda e os seus atractivos turísticos, entre os que se atopan o castro de Toiriz, o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza da Toxa e algúns dos escenarios da serie “O final do camiño”.
O programa “En ruta coa Depo” pretende crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional. Amais, o programa ten por obxectivos impulsar actividades alternativas para o tempo de lecer xuvenil, promovendo o asociacionismo entre a xuventude e o ocio dinámico e saudable, así como rutas específicas onde nais, pais, titoras e titores poidan gozar coas nenas e os nenos dun ocio común, san, alternativo e divertido que faga doada a conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias estivais.
A Deputación achega a este programa 260.000 €, 21.500 € máis que o ano pasado, e oferta por vez primeira 400 prazas gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. “En Ruta coa Depo” oferta un total de 32 rutas distribuídas entre seis bloques: temáticas, culturais, marítimas, adaptadas para persoas con mobilidade reducida, dinámicas/activas/xuvenís e, por último, interxeracionais e para ANPAs. O catálogo de rutas pódese consultar no catálogo dispoñible na páxina web www.depo.gal.
En total, está previsto que a través deste programa promovido por Cohesión Social e Xuventude, participen preto de 20.000 persoas, 1.000 máis que o ano pasado, pertencentes a 300 entidades da provincia de Pontevedra.