Dende hoxe os peregrinos que fagan a ruta teñen xa a primeira marca que indica o paso do Camiño Pola Costa. Trátase da primeira mouteira das doce que serán colocadas nos próximos meses por parte da Xunta de Galicia. En total, serán 82 en todo o percorrido, dende A Guarda, pasando por O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo.
“O trazo do Camiño pasa por aquí, este é o punto exacto por onde teñen que pasar os peregrinos na súa andaina e decidimos comezar en Baiona por ser un dos iniciadores do Camiño Portugués pola Costa e como impulsores era importante facer este acto antes da súa grande Festa da Arribada”, sinalou Nava Castro.
A mouteira quedou situada no lugar no que a ruta descende da parroquia de Baredo e entra no Casco Vello de Baiona. Antes da Semana Santa quedarán colocadas outra decena de sinais, aproximadamente cada 500 metros, para guiar aos camiñantes e evitar os puntos nos que poida haber confusión.
Pola súa banda, o alcalde destacou o feito de que Baiona sexa o primeiro municipio en contar coa sinalización. “Temos case dez quilómetros do Camiño pola Costa e para nos é moi importante que estea recoñecida a ruta de peregrinación porque a nosa vila ten moito patrimonio cultural que amosar aos camiñantes”.