A Asociación Veciñal de Teis organiza para o domingo 19 de xullo unha excursión para visitar as illas Cíes. O barco partirá por cuarto ano desde o peirao da ETEA, logo do éxito de veráns anteriores. A embarcación terá unha capacidade de 245 prazas.
As persoas interesadas na excursión deben anotarse previamente no local da asociación de 17:00 a 20:00 horas. O prezo para socios ascende a 12 euros, aínda que os nenos de entre 3 e 12 anos pagarán só 6 euros. Para adultos non socios, a tarifa é de 15 euros.
A decisión de saír do peirao da ETEA, que está autorizada, evita que a veciñanza teña que ir coller o barco á estación marítima de ría. Para a asociación esta circunstancia “amosa as potencialidades dos terreos da zona”.