Turismo Rías Baixas prevé que a ocupación máis alta espérase na comarca de Caldas, cun 98% de ocupación hoteleira. Seguen a Caldas, O Condado e A Paradanta co 85% de ocupación e O Salnés co 81% previsto.
Para a comarca de Pontevedra, o organismo espera unha ocupación do 70% e para as comarcas do Morrazo así como Vigo superior ao 52%. Pola súa banda, as estimacións para O Baixo Miño se sitúan no 45% e no 35% para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
En canto ao turismo rural, estimase que a ocupación media para a provincia de Pontevedra será superior ao 32%, é dicir, case 20 puntos por riba do estimado na mesma ponte do 2016 para este tipo de establecementos.
De confirmarse estes resultados previstos polo organismo da Deputación de Pontevedra, o 2017 se situaría como o mellor ano turístico da última década. De feito, o pasado verán foi cualificado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como “espectacular, o mellor desde que temos rexistros” ao superar o 83% da ocupación media na provincia de Pontevedra, é dicir, ata cinco puntos por riba do verán do 2016.