A oferta por parte da compañía española inclúe na súa proposta o rotulado de dous avións, os máis grandes da flota, que operan en rutas regulares nacionais e internacionais. Ademais, Air Nostrum tamén levará a cabo importantes accións promocionais da cidade.
O contrato permite que a ruta a Valencia opere ata decembro de forma anual durante os anos 2019 e 2020, a conexión con Sevilla sexa como mínimo durante cinco meses nos dous próximos anos, o voo a Londres funcionará este verán e o destino París, este verán e un mínimo de sete meses dos anos 2019 e 2020.
A intención do Concello é desestacionalizar as viaxes no aeropuerto de Vigo para ampliar a oferta que actualmente só se mantén no verán mediante un investimento de 2,8 millones.