O prezo inclúe traslado dende Mos ao Porto de Vigo, sete noites no Buque Zenith da compañía Pullmantur, réxime de todo incluído, excursións a Cherbourg, Dover, Porland e Amsterdam, voo de Malmo a Vigo, traslado dende o porto ao aeroporto, taxas de porto e aeroporto, propinas a bordo e seguro de asistencia.
O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o vindeiro 13 de febreiro. Os interesados en obter máis información ao respecto teñen que poñerse en contacto coa Omix do Concello de Mos no teléfono 986 339 404.
O prezo da viaxe por persoa en camarote interior é de 1.120 euros. A custe do camarote exterior ascende a 1.200 euros.