Pero ademais, grazas a este acordo, a promoción turística de Vigo chegará a todos os recunchos de España e mesmo de Europa. E é que a cidade estará presente en todos os avións da compañía.
Entre as accións que se inclúen encontranse o vinilado do fuselaxe de avións, accións de comunicación a bordo, con 18.000 mensaxes sobre Vigo, soportes publicitarios nos asentos e nos compartimentos de equipaxe de todos os avións, reportaxes na revista a borda ou accións de newsletters online e nas redes sociais.
Doutra banda, Caballero estimou que sobre mediados de xullo poderían estar voando os avións de Air Nostrum entre Vigo e Londres, París, Sevilla e Valencia, toda vez que o concurso público xa está adxudicado.
En rolda de prensa, o alcalde explicou que Valencia pasará a ser conexión anual ata 2020 con dous voos semanais entre novembro e febreiro e tres frecuencias semanais entre marzo e outubro para un total de máis de 60.000 prazas. Sevilla estará conectada coa cidade ata 2020 con dúas frecuencias semanais durante cinco meses.
No tocante ás internacionais, o Concello contrata a conexión con París durante dez semanas deste mesmo verán e sete meses de cada un dos dous próximos anos, con dúas e tres frecuencias por semana. Para Londres, Air Nostrum operará a conexión este verán e o goberno de Abel Caballero traballa para conseguir un voo anual coa capital.