O seguinte paso é someter o documento a información pública para avanzar cara á súa aprobación definitiva no seo do Consello da Xunta. Así, poderá ser consultado durante un mes, no que se poderán facer alegacións, que serán analizadas polo Goberno galego.
Esta ampliación do PTL –promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo- habilitará máis de 250.000 metros cadrados para o asentamento de empresas neste parque, cunha edificabilidade máxima de 165.000 metros cadrados.
Vázquez cualificou este informe medioambiental favorable -que será notificado en breve á Zona Franca- como unha “boa nova”, xa que o espazo que se gañará é “moi ansiado” por diferentes marcas comerciais.
Deste xeito, dáse un paso máis para o establecemento destas firmas. Aínda que Leroy Merlín xa conta con tendas en Vigo, os seus plans pasan por construír unha nova de grandes dimensións, para o cal solicitou 13.000 metros cadrados. Pola súa banda, Ikea pediu 15.000 metros cadrados.