Chega o novo Programa Integrado de Emprego de Fundación Impulsarse 2024/25. Un proxecto que impulsa o desenvolvemento do emprego e a integración social.
O Programa en período de execución dende o 15 de outubro ata o 14 de outubro de 2025 é para os Concellos de Vigo, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas e Cangas
Destinado a 100 persoas desempregadas, inscritas como demandantes de empleo no Servizo de Emprego Público galego. Poden participar menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas con discapacidad e persoas migrantes con autorización de residencia temporal por motivo de arraigo para a formación.
A Fundación ofrece a todos os usuarios do programa: orientación, información e asesoramento laboral. Prospección de emprego, acompañamento e posibilidade de realizar prácticas.
Ademáis, beca os alumnos con 10€ e conta con medidas de conciliación e un compromiso de inserción do 40% das persoas participantes.
Os Itinerarios formativos Terán lugar na sede da Fundación Impulsarse situada en avenida Camelias, Nº42 baixo, 36211, Vigo.
Itinerarios
Itinerario industrial: con cursos como Operario/a de almacén, operario/A de carretilla elevadora, ponte guindastre, operario/a de limpeza.
Itinerario electricidade: con cursos como fundamentos de electricidade, interpretación e esquemas eléctricos, Instalacións eléctricas residenciais e industriais,
cableado e instalacións de telecomunicacións de rede de datos, enerxías renovables fotovoltaicas, funcionamento de automatismos.
Itinerario administrativo e de redes sociais: con formacións como notificación e rexistro electrónico ADGG109PO, fundamentos de xestión e atención ao cliente
COMM065PO, actividades administrativas básicas, formación básica en contabilidade, márketing e redes sociais complementado con IA.
Itinerario oficios: Coidados básicos de atención sociosanitaria, comunicación e atención a usuarios/as en situacións difíciles SANT079PO, intervención ante os malos tratos de persoas dependentes , operativa de caixa – terminal de punto de venda, carnicería e charcutería, peixaría, manipulación de alimentos, reparación de móbiles.
Itinerario sostible: Moda sostible, ecodiseño e técnicas tradicionais de tinguido e estampado, técnicas tradicionais de patronaje e confección., arranxos e customización de pezas e accesorios, selección e técnicas de conservación de alimentos de tempada, conservas naturais: Preparación de materias primas e elaboración de receitas.
A Fundación Impulsarse ofrece novas oportunidades a persoas en risco de exclusión social. Calquera persoa con problemas de inserción social e laboral é beneficiaria dos seus programas.
O seu obxectivo é acompañar ás persoas nos seus procesos de cambio, mediante a posta en marcha de proxectos baseados en tres piiares: formación, empregabilidade e integración social. Para iso contan cun equipo multidisciplinar, formado por profesionais do ámbito xurídico, psicolóxico, pedagóxico, social e empresarial.
Máis información en: https://fundacionimpulsarse.es/