Medidas organizativas, hixiene, limpeza, distancias de seguridade… A Xunta de Galicia facilitou material específico con todas as recomendaciones preventivas ante o coronavirus que o comercio galego xa cumpre desde a súa reapertura o pasado 4 de maio. Trátase de elementos informativos para colocar nos mostradores de todos os establecementos que traballan con cita previa.
A través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), a Consellería de Economía, Emprego e Industria elaborou material específico no que figuran todas as medidas necesarias para que a reapertura poida levarse a cabo coa máxima seguridade e hixiene.
O Goberno galego achega así a documentación consensuada co sector para que os servizos de prevención de riscos laborais identifiquen e valoren as medidas que debe tomar o persoal especialmente sensible. Casos de febre (máis de 37 graos), síntomas respiratorios ou contacto próximo con persoas infectadas deben ser identificados antes de ir a traballar.
Da mesma maneira os establecementos tamén difudirán as recomendacións da autoridade sanitaria e do servizo de prevención ante o coronavirus mediante carteis ou paneis informativos. Entre estos consellos está priorizar os desprazamentos individuais ou unha persoa por fila, ademais de o uso da máscara no transporte colectivo ou compartido.
Lavado frecuente de mans, evitar tocar o nariz, ollos e boca, cubrir as vías respiratorias ao tusir e limpar e desinfectar espazos como mostradores, pomos ou probadores son outras das medidas nas que se fai fincapé. Tamén é necesario ventilar frecuentemente, protexer o produto para evitar a súa contaminación pola exposición e manipulación, así como usar a máscara hixénica ou cirúrxica durante a estancia no comercio.
No relativo ás medidas organizativas hai que dispoñer de puntos de información para o público, limitar as actividades grupais presenciais como reunións ou de formación, valorar a necesidade de facer quendas e adaptar o posto de traballo ou limitar as tarefas con maior proabilidade de contacto para o persoal máis vulnerable á infección.
A Xunta insiste tamén na importancia de adquirir material recomendando polas autoridades sanitarias, entre o que non se atopa o ozono.
Dentro da campaña de divulgación e información de comercio seguro, ademais dos elementos informativos para colocar nos mostradores con recomendacións da Xunta, haberá unha campaña en redes sociais, baixo o lema #SeguimosAdiante.