Segundo informou a CIG, a primeira hora da mañá do mércores a dirección do centro médico interesouse polo seu estado de saúde e amosouse disposta a negociar. «Nós dixémoslle que tamén queremos dialogar e pedímoslle que retirasen os despidos para sentarnos a falar, ao que non responderon», explica a presidenta do comité, María Xesús Neira, unha das participantes no xexún de protesta.
Os empregados do hospital privado seguen a reclamar a intervención do Sergas e da Consellería de Sanidade no conflito laboral e lembran que Povisa incumpre o concerto coa Xunta ao non manter os ratios de persoal esixidos, o que está a afectar á calidade asistencial.