As pequenas e medianas empresas e os autónomos teñen á súa disposición no Concello de Vigo un sistema de consulta e información sobre as decisións tomadas polo Consello de Ministros para paliar os efectos económicos da crise sanitaria.
A administración local quere así informar e resolver as dúbidas de emprendedores e pemes sobre as medidas urxentes extraordinarias adoptadas polo Goberno de España, que destinará 20.000 millóns para garantir que as empresas poden pagar salarios e facturas.
A atención préstase a través de teléfono ou correo electrónico. As preguntas poden trasladarse a través dun número específico para a cuestión (650 253 950) de luns a xoves de 09:30 a 14:30 horas e de 15.00 a 18:30 horas e os venres de 09:30 a 15:30 horas. O enderezo electrónico que canalizará as consultas é vigoemprende.info@vigo.org.