O Goberno local xa ten consignada a partida económica precisa para á expropiación de terreos sobre os que se vai realizar a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). O próximo martes, na Xerencia de Urbanismo, darase conta dunha retención de crédito de 182.000 euros para que o Concello proceder ás expropiacións tan pronto a Xunta complete a tramitación pendente.
Así, o alcalde urxiu esta venres á Xunta a actuar de forma dilixente axilizando a aprobación do proxecto a través da Lei 3/2016, así como a proceder á declaración da prevalencia do interese de ampliación das instalacións sobre o monte mancomún. Finalmente, o goberno autonómico tería tamén que aprobar a urxente ocupación dos terreos. Unha vez rematada esta tramitación, precisou o rexedor, o Concello xa estará en condicións de notificar aos propietarios do solo e proceder á expropiación.
Na rolda de prensa, Caballero insistiu na urxencia desta ampliación para que estea rematada no próximo xuño, de cara a apoiar á seguinte edición de Conxemar contra a competencia que vai sufrir desde outros territorios. De feito, nas últimas datas a feira Seafood de Barcelona aprazou a súa celebración para o mes de setembro, pouco antes de Conxemar 2021.