O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou este luns o levantamento de actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos precisos para executar o proxecto de ampliación das instalacións do Ifevi.
Prosegue, deste xeito, o proceso expropiatorio que comezou o 27 de novembro cando a Xerencia de Urbanismo ditou unha resolución para convocar aos titulares dos dereitos e bens afectados. Tras este acto, que terá lugar o venres 11 de decembro (entre as 10.00 e as 13.00 horas), poderá ocuparse o solo.
O Concello de Vigo axiliza “ao máximo” a tramitación que lle corresponde dado os “xustos” que van os prazos para que esta ampliación sexa realidade na seguinte edición de Conxemar, que se celebrará en outubro de 2021.
O alcalde da cidade, Abel Caballero, sostén que a Xunta de Galicia podería ter comezado o proceso de licitación -condicionado á disposición dos terreos -o que permitiría adxudicar a obra ao día seguinte ao ter o solo dispoñible, é dicir, o día 12 de decembro.