Con 412 metros de superficie e un custo de 719.000 euros, o espazo está diseñado para facilitar o desenvolvemento das tarefas para as que foi concebido, con moita luz e calefacción radiante. No interior, sepáranse conceptualmente os servizos (despachos, aseos, vestiarios e cocina) da área de nenos, utilizando un tratamento de paredes opacas para o primeiro e divisións acristaladas con motivos de distintos cores para o segundo.
Tal e como explicou o rexedor, este centro -máis o de Mestres Goldar- están só pendentes da autorización da Xunta para poñerse en funcionamento. No caso da escola ubicada en Castrelos, o Concello «leva máis de dous meses esperando o permiso que lle permita iniciar o expediente de contratación da xestión porque a intención do goberno local era que ambas escolas funcionaran este mesmo curso, aínda que xa non depende de nós», puntualizou. O rexedor agarda que poidan estar abertas este mesmo curso. Esta tramitación atópase nestes momentos con outra dificultade que neste caso chega da man da xa en vigor nova lei de bases de réxime local que atríbue á Xunta as competencias exclusivas destas escolas. Esto supón, explicou, que a administración autonómica ten que darlle permiso ao Concello para construir e pagar estes centros educativos.
Caballero lembrou durante a súa intervención que en 2007 había catro escolas infantís e una delas moi pequena (que foi ampliada por este goberno local), mentres que agora hai oito o que supón, «máis que duplicar o número de centros e o de prazas», engadiu.
Resposta do PP
Despois das declaracións do alcalde, o grupo municipal do PP remitiu un comunicado no que sinala que «o pasado día 22 de decembro, a concelleira de Educación foi informada en persoa pola subdirectora xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, de que o informe sobre a guardería de Mestres Goldar estaría listo a finais do presente mes de xaneiro». Ademáis, engade que «o Concello de Vigo non solicitou o correspondente Permiso de Inicio de Actividade (PIA) para a guardería de Navia. Na Xunta só consta a emisión dun informe de viabilidad favorable o 27 de decembro de 2011. Desde entón o Concello non formalizou ningunha outra solicitude, como tamén se lle dixo á concelleira na citada reunión do pasado 22 de decembro».