Aínda que o festivo manterase o día 28 de marzo, o Concello quere recuperar a escenificación desa destitución do alcalde pro-francés, que deu pé á proclamación de Vázquez Varela.
Así o anunciou Abel Caballero antes de dar conta da entrega de premios do IV Certame Escolar de Carteis da Reconquista Infantil, prevista para este martes na Alcaldía. En verbas do alcalde, un dos actos cos que comenzan os preparativos da festividade coa que Vigo rememora o alzamento popular que en 1809 conseguiu expulsar aos franceses que previamente ocuparan a cidade.
O pasado 9 de xaneiro abríuse xa o prazo de presentación das solicitudes dos postos no mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2019. O prazo comeza o mércores 9 de xaneiro e rematará o 1 de febreiro.
As solicitudes de inscrición remitiranse á entidade organizadora, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, por correo postal no enderezo da rúa Cánovas del Castillo 2 baixo, en horario de lúns a venres de 11:00 a 13:30 horas ou de 17:00 a 20:00 horas ou remitiranse por correo electrónico a info@cascovellovigo.gal.