Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, explicou que a Marea de Vigo consignou a fianza, que ascende ós 6.000 euros, para poder levar a cabo a acusación popular na “Operación Patos”. Para o concelleiro vigués, a Marea «veuse na obriga de presentar dada a negativa do goberno vigués a aportar a información sobre os expedientes que están sendo investigados». Nesta investigación están imputadas cincuenta persoas entre empresarios, políticos e funcionarios.
Por otra banda, Rubén Pérez explicou ás preocupacións do seu grupo no referente a elaboración dos orzamentos de 2016 e explicou que «a cidadanía debe coñecer como interactúa un orzamento municipal coas prioridades que unha cidade ten que ter cubertas, considera non secundarios asuntos tales a xeneralización da figura do convenio con entidades para substituír ao concurso público, a aposta errónea polo formato de obra pública na modalidade concesional de humanizacións, os incrementos de pagos a empresas privadas por xestión de servizos públicos ou mesmo a priorización de gasto publicitario sobre inversión produtiva».
Convenio con Ryanair
Sobre a subvención que o concello de Vigo concedeu a empresa Ryanair, o voceiro da Marea indicou que «con respecto á política de subvencións a compañías aéreas e o impacto que supón no turismo que ven a Vigo, cuestión que parece secundaria no plantexamento da mesma, priorizando máis a saída que a entrada de persoas, feito que podería supoñer un beneficio económico ó comercio e hostalaría da cidade. Non obstante, dende o plantexamento de incremento na saída de persoas dende Vigo resulta ilustrativo que calquera voo dende Compostela a Barcelona, onde este ano non se plantexa unha subvención á Ryanair, é sensiblemente máis barato que dende Vigo, onde imos consignar máis de 1 millón de euros á aerolínea».