A candidatura unitaria, elaborada polo Consello Local saínte, integra a pluralidade da fronte nacionalista. O novo organismo de dirección local foi elixido por unanimidade, e estará integrado por 25 persoas mais o ou a representante que designe Galiza Nova. Na súa composición salienta a aposta pola renovación, coa incorporación dun 32% de novos membros e membras, e o reforzamento do papel da mocidade, na medida en que o 25% do novo Consello son persoas menores de 35 anos de idade. Ademais, o novo vice responsábel local é Alberte Mera, de 30 anos e ex secretario xeral de Galiza Nova. O organismo ten unha forte presenza de activistas dos movementos sociais, o asociacionismo veciñal e o sindicalismo nacionalista. Aliás, a candidatura procurou a paridade de xénero integrando un 45% de mulleres, distribuídas de maneira intercalada en todos os tramos (titulares e suplentes).
A militancia tamén ratificou a xestión realizada polo Consello Local saínte, resultando aprobado por unanimidade o seu Informe Político, no que se relataba a inxente actividade política desenvolvida pola fronte nacionalista desde marzo de 2016. No informe recóllese como principal conclusión e valoración que “o BNG estivo presente e actuante na cidade de Vigo durante todo este período, despregando unha importante capacidade de iniciativa política a pesar das limitacións (organizativas, materiais e de representación), o que permitiu non só manternos a nivel social como unha opción política senón recuperar a simpatía e confianza de máis veciñanza. Sob este traballo realizado, ábrese un escenario de oportunidades para a definitiva consolidación e relanzamento do proxecto nacionalista na nosa cidade”.
Na súa intervención diante da asemblea, o reelixido responsábel local defendeu que o BNG está “nas mellores condicións” para encarar os reptos dos vindeiros anos. Entre eles salientou, loxicamente, a celebración das próximas eleccións municipais, en maio de 2019. Unha cita coas urnas que o BNG encara co obxectivo “non só de recuperar a representación municipal, senón de acadar unha moi boa presenza”. Neste senso, Otero destacou estes dous últimos anos deixaron en evidencia “a diferenza entre que o BNG estea ou non no pleno municipal”. “A veciñanza e os colectivos sociais son hoxe plenamente conscientes de que co BNG no Pleno habería unha oposición exixente ao desgoberno de Caballero pero tamén se porían enriba da mesa propostas e alternativas ao servizo da cidade”, defendeu.
Para a nova etapa que se abre, os obxectivos do BNG de Vigo, para alén de consolidar a recuperación electoral iniciada nas pasadas eleccións galegas, pasan polo reforzamento organizativo, aumentando a afiliación, reforzando a implantación territorial a través dos grupos de barrio, e o estreitamento da xa intensa relación e cooperación cos movementos sociais da cidade.
Composición do novo Consello Local do BNG de Vigo:
Serafín Otero Fernández
Alberte Mera García
Belén García Suarez
Cristina Hermida Moinelo
Xabier Pérez Igrexas
Ana Belén Martínez Piñeiro
Diego Santorio Moscoso
Maribel Tato Sanchez
Xesús López Carreira
Félix Caride Correa
Tino Lago Vargas
Lidia Fariña Piñeiro
Borxa González Castro
Chelo Lago Mariño
Adrián Rodríguez Bravo
Manuel Caride Correa
Sefi Romero Alvarez
Xosé Manuel Atanes Limia
Xosé Antonio González Azpeitia
Cristina Fojo Campos
Xoán Carlos Rodríguez Vila
Amparo Alonso Sanchís
Xandra Martínez Rodríguez
Anxo Igrexas Covelo
Lois Pérez Castrillo
Integrarase tamén unha persoa designada como representante de Galiza Nova.
Suplentes:
Xosé Sánchez Blázquez
Raquel Pérez Fernández
Eduardo Ruanova Dávila
Ana Pérez Dávila
Cristovo Vidal Fernández
Andrea Tato Boullón
Xosé Carlos de la Fuente Estévez
Patricia Maquieira Gomez
Xosé Saiáns Torrado
Elsa Quintas Alborés
Begoña Portilla Alonso
Xerome Calero Prado