O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns a rúa Heraclio Botana para a súa inauguración unha vez rematada a reforma feita polo Concello de Vigo. O investimento rondou os 400.000 euros e incluíu tamén a rúa Roupeiro. Ademais, o proxecto contempla a mellora de Serafín Avendaño nos vindeiros meses.
Segundo explicou o rexedor, o goberno local destinou nos últimos anos máis de 4 millóns de euros a humanizacións na contorna da rúa Rosalía de Castro. Neste caso, Heraclio Botana mellorou a súa conexión peonil con García Barbón coa eliminación dunhas escadas que complicaban a mobilidade.
Na reforma de Heraclio Botana queda agora por liberar a parcela que ocupa agora un solar que dá a García Barbón. O Concello contempla o retranqueo do novo edificio que se constrúa para dar saída a actual calzada.