«O intento de instalar Porto Cabral suporía un golpe mortal a este sector, coa pérdida estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes», asegura a plataforma antes de sinlar que este martes a plataforma tivo unha reunión na sede dos
comerciantes de Redondela, que acaba de sumarse a este movemento, onde «deron a benvida as novos colectivos o programaron as accións que se van levar a cabo nas vindeiras semanas».
Engade o colectivo que a recollida de firmas online do portal Change.org, que sigue activa, complementarase co reparto en toda a comarca vigusa de 100.000 dípticos informativos e interactivos, nos que se poderá firmar esta petición dixitalmente mediante un código QR que len os móviles.
En total, este plataforma en defensa do comercio local afirma representar a uns 15.000 comerciantes, ademáis doutras asociacións que tamén amosaron o seu respaldo a esta iniciativa, entre elas, as ecoloxistas e medioambientais, Verdegaia, Amigos da Terra e Asociación Lagares Vivo.
En Vigo, xunto aos colectivos impulsores desta iniciativa, Fecovi, Aetravi (Travesas) e Aceca (O Calvario), están representadas as asociacións de comerciantes de Zona Príncipe, do entorno do Hospital Xeral, Pi y Margal e Navia. A última incorporación foi a Asociación de Comerciantes de Bouzas.
A través desta plataforma queren explicar «a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar a desaparición do 25% do comercio de proximidade que existe na actualidad, a todo o sector e a outros vinculados».
Esta plataforma insiste en denunciar «a información interesada e manipulada que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que sería a destrucción de miles de empregos si este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos». Por iso pide as autoridades que «non apoien ningún tipo de iniciativa que poda dar luz verde a este proxecto e que se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema».
«O comercio local en Vigo e a súa área da traballo a unas 30.000 persoas, catro veces máis que o traballo directo que xera a fábrica de Citroën en Vigo. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%. Polo que é un colectivo cun peso específico ao que se debe escoitar», afirman.