O alcalde informou este luns do comezo do programa «VigoHistoria 2018: A Reconquista», promovido polo Concello de Vigo co obxectivo de divulgar entre os escolares da cidade a historia da Reconquista da cidade.
Ata o próximo 6 de abril, e comezando cos estudantes de Primaria do CEIP Pintor Laxeiro, o alumnado coñecerá dun xeito didáctico e ameno, e no propio Casco Vello, a recuperación da cidade no 1809 ás tropas napoleónicas, da man de monitores e especialistas recoñecidos.
Segundo detallou Caballero, un actor caracterizado do soldado francés Pierre Delapierre amosará os escenarios da Reconquista na zona vella da cidade, coa unidade didáctica «Mapa da Reconquista» e materiais preparados ao efecto.