“É un mérito da cidade”, sinalou o rexedor ao remate do encontro en Madrid, no que estivo acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra e primeira tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, e polo delegado de Zona Franca, David Regades.
Abel Caballero destacou que a consecución deste título honorífico é “froito do traballo discreto e continuo co Ministerio” e amosou “a satisfacción de toda a cidade” pola declaración da Reconquista da Vila de Vigo como Festa de Interese Turístico Nacional. Así, transmitiu os seus parabéns “á cidade e a tódalas persoas que traballan por esta festa”. “Somos o Vigo que o consegue todo”, sentenciou.