Baixo o título «Voo da liberdade», o murciano Rubén Lucas García alzouse co triunfo entre outros 33 participantes e súa será a imaxe da Reconquista 2015. O artistaerixiuse este ano gañador do IX Concurso de Carteis Reconquista 2015, cun deseño titulado «Voo da liberdade». Tal e como explicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, este certame xa ten carácter nacional e nesta ocasión contou con 34 participantes de toda España. Outras dúas obras, «Loita» e «Loita» -unha delas dunha artista viguesa- obtiveron dous accésits do xurado. Caballero lembrou que o Concello decidiu este ano que a festa se prolongue durante dous fins de semana, en lugar de un, como se viña facendo ata o de agora.