O Concello actúa en 150 metros de rúa, desde a Gran Vía, e iniciará a reforma do resto da rúa Girona cando remate esta primeira fase da obra, apuntou Caballero. O alcalde salientou que a rúa está «moi deteriorada», singularmente la red de abastecimiento de agua, polo que a humanización conlevará a renovación das redes de abastecemento e saneamento, a incorporación de novas redes de pluviais, a implantación dun sistema de rego separativo e de infraestruturas para rede soterrada de telecomunicacións e de instalación eléctrica.
Caballero subliñou que a rúa Girona terá dez luminarias LED de alta eficiencia, arborado a ambas marxes da rúa con zonas verdes axardinadas, papeleiras e bancos. Como elemento particular, o goberno local disporá xunto a un dos bancos un cargador externo para dispositivos electrónicos como móbiles, tabletas, cámaras…