O Concello abre a convocatoria para solicitar as axudas municipais para dous programas de emprego. Un deles é o Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas que conta cun importe de 196.722,45 euros e remata o prazo de solicitudes o 5 de agosto. Por outra banda, tamén pódese solicitar o Programa de Axudas á Contratación ata o 18 de agosto.
Para a creación de empresas o obxectivo é apoiar novos proxectos empresariais e contribuír á reactivación da actividade e do emprego logo da crise provocada pola Covid-19. Os beneficiarios poden ser autónomos, empresas privadas, comunidades de bens, sociedades civís, cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras. O importe das axudas será dun máximo de 3.000 euros por perceptor.
Tamén quérese estimular ao empresariado para a contratación de persoas traballadoras empadroadas en Vigo. Para iso o Concello ten aberto o prazo de solicitude das Axudas Municipais á Contratación, cun programa para a transformación de empregos temporais en indefinidos e outro de inventivos á contratación. O importe po solicitude será dun máximo de 3.500 euros.
O alcalde fixo balance do programa de Fomento do Emprego nas Entidades sen Ánimo de Lucro que contou cunha partida de 1.140.000 euros. Participaron 76 solicitantes que empregaron a 199 persoas con distintos perfís profesionais. O obxectivo principal desta acción e facilitar a adquisición de experiencia laboral a persoas da cidade en situación de desemprego.