Esta actuación conta cun investimento conxunto de máis de 10,7 millóns, nos cales a Xunta porá unha parte (1,7 millóns). Así, o investimento total do Goberno galego na intermodal de Vigo ascende xa aos 14 millóns, sumando isto aos 12,3 millóns para a propia estación.
O obxectivo fundamental desta actuación é eliminar o tapón que supón para o tráfico urbano o paso inferior do viaduto de acceso á AP-9, pola rúa Alfonso XIII. A solución que se formula é unha vía subterránea que comunique a rúa Lepanto coa autopista e que pase baixo a praza da estación e a parcela na que se situará a terminal de autobuses.
O Goberno galego executará os ramais de conexión entre a estación de autobuses e a autoestrada AP-9, as instalacións e balizamentos.
Pola súa banda, o Ministerio de Fomento está a ultimar o encaixe técnico dos accesos no proxecto conxunto que supoñen as dúas estacións e o Centro Vialia, xa que sen integrar os accesos non se pode tramitar a autorización urbanística.