O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o CEO de Aqualia, Félix Parra, xunto con representantes institucionais e da empresa concesionaria da auga na cidade, inauguraron este luns as novas oficinas do Servizo Municipal de Auga e Saneamento, ubicadas no centro da cidade olívica (rúa de Venezuela, 48).
Tras unha visita polas novas instalacións, que serán tamén sede da delegación de Galicia de Aqualia e na que traballan preto de 50 persoas, Félix Parra destacou a excelente colaboración co Concello e puxo o foco no valor da alianza público-privada coma motor do desenvolvemento das cidades». Parra manifestou que “no día de hoxe saldamos un compromiso con Vigo e os seus cidadáns: o de achegar as xestións presenciais desde as antigas oficinas das rúas Cantabria e Venezuela, ao centro da cidade. E mantendo todo o emprego. Cando outros servizos están nunha estratexia de redución das súas oficinas presenciais, nós non só non as reducimos, senón que investimos na súa mellora, nunha clara aposta por un servizo próximo e transparente».
Pola súa parte, Abel Caballero mostrou a súa satisfacción polas novas instalacións, «máis accesibles, modernas e eficientes, destacando a transparencia tanto nas infraestruturas como na xestión diaria de atención ao cidadán».
Felix Parra destacou tamén que “as novas oficinas dan resposta ás necesidades actuais primando a sostibilidade, con especial atención á dixitalización e a innovación como valores que mellor definen á compañía e polos que traballamos día a día. Un exemplo mais da aposta de Aqualia pola cidade”. Parra rematou a súa intervención agradecendo «o magnífico traballo do persoal do servizo de Vigo integrado por 222 persoas».
O alcalde de Vigo na súa visita polas instalacións puido comprobar en primeira persoa as diferentes tecnoloxías dispoñibles que monitorizan en tempo real os principais indicadores da rede de auga e saneamento da cidade grazas ao emprego do BIG Data apoiado pola Intelixencia Artificial.
Sostibilidade, eficiencia e modernidade
As novas oficinas contan cun espazo de 1.000 m2 e nelas traballan preto de 50 persoas. As oficinas contan con tecnoloxía de iluminación led e cun sistema de climatización de volume variable de refrixerante, con recuperación de calor, cun aforro enerxético que pode chegar ao 60% fronte aos sistemas actuais. Doutra banda, o sistema de ventilación da local conta cunha recuperación de enerxía na achega de aire primario a través dun recuperador de placas que se estima nun 76%, diminuíndo así as emisións de CO2; e seguras, xa que dispoñen dun sistema que elimina o 99,9% de virus e bacterias a través de fotocatálisis.