O pavillón do Berbés recibiu esta noite de martes ás primeiras persoas que pernoctarán no seu interior. Está previsto que nos primeiros días un total de 20 usuarios pasen a ocupar algunha das 38 camas instaladas na pista central na que habitualmente xógase ao baloncesto ou o fútbol sala.
«O Concello de Vigo non vai a deixar a ningúen sen atender. Levamos dúas semanas tomando medidas, estamos moi preocupados polas persoas”, asegurou o alcalde, Abel Caballero.
No pavillón do Berbés xa hai 38 novas prazas de aloxamento destinadas a persoas en situación de vulnerabilidade. Así, a cidade conta cun total de 138 prazas dispoñibles (38 no albergue municipal, 38 na Fundación Santa Cruz e 24 en pensións).
Desinfección e normas
A transformación das instalacións deportivas en centro de acollida comezou este luns coa desinfección do pavillón. Este martes ultimáronse os detalles coa colocación das camas e a división do centro deportivo en cinco zonas diferenciadas en base ás directrices do Goberno central.
Así, haberá unha zona de recepción individual para identificación de usuarios, onde se lles informará das normas de confinamento e de convivencia. Ademais, se lles entregará un kit de hixiene e se lles dará paso á zona obrigatoria de ducha. Aquí, recibirán un albornoz e zapatillas de baño.
Na zona de pernocta haberá 38 camas con medidas de seguridade, igual que no lugar de comedor e ocio. Por último, está prevista unha zona de illamento por se houbese un caso positivo de coronavirus.
Caballero explicou tamén que o albergue municipal, situado a escasos metros, será o encargado de servir a comida e que o persoal destinado á atención dos usuarios será un equipo multidisciplinar formado por 20 persoas con catro perfís (traballadores sociais, técnicos de inclusión social, psicólogos e educadores sociais). Entidades como EMAUS e Érguete aportan tamén profesionais que xa atenden a algúns dos usuarios que chegarán.
O alcalde indicou que actualmente están localizadas 20 persoas para o seu traslado a estas instalacións do Berbés e que está contemplado a necesidade de abrir outro pavillón da cidade.