«Vigo, unha cidade de cor», contará con actividades paralelas en centros escolares e na rúa con espectáculos de danza, mapping ou obradoiros para nenos.
O alcalde presentou este xoves o Primeiro programa de tratamento de medianeiras e outros espazos urbanos deteriorados e outras actuacións sobre os espazos públicos. Trátase, dixo, dunha iniciativa «estratéxicamente importante para o xeito de entender a cidade, unha nova forma de entender a cultura». Acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, e os artistas e propietarios dalgún dos edificios, Caballero explicou que nunha primeira tanda vanse decorar 13 espazos e que os traballos comezarán o día 19 e rematarán antes do 27 de marzo.
O obxecto do «Vigo, unha cidade de cor» é tratar con pintura ou murais decorativos, as medianeiras das edificacións, así como aqueles paramentos exteriores cegos visibles dende a vía pública, tanto de titularidade pública ou privada. Ademais, coa colaboración dos colexios e institutos da cidade, vanse decorar os paramentos exteriores destes a través da composición que realicen con todos os debuxos do alumnado, baixo o lema» cómo vexo o meu barrio». Previamente á fase de execución dos murais, desenvolveranse en toda a cidade unha serie de actividades artístico-culturais: obradoiros de arte urbano para nenos, proxeccións en espacios públicos da cidade de imaxes sobre tratamentos de medianeiras (mapping), actividades de danza urbana e outras de natureza similar
A primeira fase do proxecto supuxo a selección de ubicacións, artistas e centros educativos. Nesta primeira tanda elexíronse trece espazos aos que se irán sumando moitos máis, avanzou o rexedor. Os criterios para a elección foron a súa ubicación, visibilidade, interese espacial e urbano, entorno, posibilidades técnicas e disponibilidade de autorización da propiedade.