Cómpre lembrar que o aumento do custo da peaxe débese a varios conceptos, entre eles as mencionadas obras de mellora, que obrigan a tramitar previamente un real decreto que ten que ser aprobado polo Consello de Ministros, polo que a principios de ano só se poderá implementar a actualización del IPC, do 1,91%. De la Serna non foi quen de especificar cando se producirá o incremento definitivo, xa que descoñece canto tardará en darse o visto e prace ao citado real decreto.
Ademais, o ministro informou de que se están a programar as probas de carga en Rande pero non concretou a data nas que se realizarán finalmente. Igualmente, indicou que «nun ou dous meses» haberá que facer traballos de «impermeabilización do tableiro na zona central», aínda que se procurará que esas labores se desenvolvan «en horario nocturno para non interferir no tráfico».
Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a visita para propoñer ao Goberno central que as obras de ampliación da AP-9 non se volvan facer con cargo a peaxes senón con cargo a presupostos do Estado, despois de que Audasa, anunciase unha suba do 3,81 por cento para 2018.
“Esta é a proposta da Xunta para que non volvamos cara atrás: que a mellora da conectividade en Santiago, na Coruña, en Vigo e en Pontevedra da AP-9 se fagan con orzamentos do Estado e non cun incremento das políticas de peaxes”, abundou, testando tamén a disposición do Executivo central para avaliar na comisión mixta da AP-9 un tratamento para a peaxe en Redondela.
Eliminación do pago entre Vigo e Redondela
Respecto a isto, Feijóo sostivo que é moi difícil explicar que se poida rebaixar un 50% os traxectos de ida e volta entre Pontevedra e Vigo “e que, porén, non teña ningún tipo de bonificación unha peaxe como a de Redondela, que é a máis próxima a Vigo”.
“Non vou defender que se manteña esa peaxe cando se levantou a peaxe no Morrazo. Non me parece correcto. Estamos falando de cifras non superiores aos dous millóns de euros ao año. Cremos que esa peaxe debería de ser, como mínimo, bonificada. E o óptimo sería que se eliminase. Esa é a postura do goberno autonómico. Imos ver como respira o goberno central”, declarou.
Feijóo fixo estas declaracións durante a presentación da nova estación intermodal de Santiago de Compostela xunto co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que non dubidou en mostrarse contrario á proposta do seu compañeiro de partido. “A única forma de suprimilo sería compensalo coa subida das peaxes noutros tramos”, precisou.
Este anuncio chega o mesmo día no que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a petición para que Fomento se faga cargo do custo desde treito, algo que non parece que vaia a acontecer a xulgar polas verbas do ministro.