Os veciños do barrio de Beade celebran o 2023 coa chegada do «Carteiro Real» e os «Reis Magos». O primeiro deles recibirá as cartas dos máis cativos nas instalacións do Centro Social (C.S.C.R.) de Beade o mércores 4 en horario de 15:30H a 16:30H.
Trala súa marcha, os Reis Magos realizarán un percorrido pola parroquia, visitando os 8 barrios de Beade e achegando a ilusión a cativos e maiores.
Unha vez finalizado o treito, serán recibidos ás 18H na sede da Asociación de Veciños (A.V.C.U. – C.S.C.R.) pola Banda de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo» do Centro Social (C.S.C.R.) de Beade.
Para rematar o mes, o 14 de xaneiro contaremos coa «Orquestra Kv2211 – Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo», que nos ten preparada unha exposición de instrumentos no hall do Centro Social (C.S.C.R.) de Beade ás 18:00H e un concerto no Auditorio do Centro ás 19:00H con entrada de balde.