Segundo informou Caballero logo de participar esta martes na xunta de goberno da entidade supramunicipal, o Ministerio de Xustiza trasladou á Femp que os partidos xudiciais non serán finalmente modificados, co que queda garantida a autonomía viguesa tal e como funciona.
Por outra banda, o alcalde revelou que o executivo central tampouco eliminará as audiencias provinciais -supresión recollida no proxecto do anterior ministro de Xustiza que obrigaba a presentar as apelacións no TSXG, localizado en A Coruña-. Abel Caballero amosouse satisfeito e concluiu que «se cumpre exactamente o que pediamos» na cidade de Vigo.