Abel Caballero visitou este luns a Praza da Feira de Cabral onde descubriu unha placa conmemorativa das obras realizadas que supuxeron o cambio do espazo, que quedou dotado dun itinerario peonil ó redor da praza coa construción de beirarrúas, canalización de pluviais cos seus respectivos sumidoiros e unha rede de iluminación exterior. “Unha moi boa humanización”, apuntou, ao tempo que aludiu á continuidade do labor das humanizacións no centro e no rural “onde facemos ducias”.
O goberno municipal mellorou tamén a zona do parque infantil coa reposición da varanda e a renovación dalgúns bancos. Realizáronse arranxos no peche da pista polideportiva, acondicionouse a zona verde e instalouse unha varanda de protección amais do pintado das marcas viarias e a creación dun paso de peóns elevado.