A representación da Reconquista da Vila de Vigo comenzará o domingo as seis da tarde na Porta do Sol e rúa Gamboa, pero non acabará no Náutico, como é tradicional, senón que, sobre as sete, a rendición e o embarque das tropas francesas será na dársena nº2 do porto de Vigo (a carón da zona de remolcadores).
«Sempre temos o problema do espacio e a dársena do Náutico quédase pequena, polo que este ano decidimos que se fixera na zona dos remolcadores», apunta Xosé Manuel Veiga, presidente do colectivo veciñal que organiza a festa. Entenden desde a asociación que a dársena nº2 está máis aberta e os espectadores poden ver a representación desde o peirao de trasatlánticos e tamén desde o alto do centro comercial da Laxe.
Programación completa:
Sábado 2 de abril
10:00 horas – Inauguración de mercado.
12:00 horas – Actuación das Escolas de baile e canto tradicional no Espazo AVC Casco Vello.
16:00 horas – Apertura do espazo infantil na Praza do Berbés con xogos populares.
16:30 horas – Actuación das Escolas de baile e canto tradicional no Espazo AVC Casco Vello.
17:30 horas – Pandereteiras de Tarambainas no Espazo Mahou.
18:00 horas – Representación dun combate de esgrima histórico no Espazo AVC Casco Vello.
18:00 horas – Saída das tropas francesas polas rúas do casco vello e escaramuzas ca veciñanza.
19:00 horas – Actuación de escolas de baile tradicional infantil no Espazo AVC Casco Vello.
19:00 horas – Pandereteiras de Traspés no Espazo Mahou.
20:00 horas – Obradoiro de Danzas do Mundo no Espazo AVC Casco Vello.
20:30 horas – Pandereteiras de Fiadeiro no Espazo Mahou.
21:00 horas – Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
22:00 horas – Actuación de Vira Pé no Espazo Mahou.
23:00 horas – Fin da xornada e peche do mercado.
O «Espazo AVC Casco Vello” estará situado na Praza do Berbés e o «Espazo Mahou” estará situado na rúa Eduardo Chao.
Domingo 3 de abril
10:00 horas – Apertura do mercado.
10:30 horas – Escola de Canto Tradicional Tarambainas ‘As Laretas’ no Espazo AVC Casco Vello.
11:00 horas – Escola de baile tradicional do Casco Vello no Espazo AVC Casco Vello.
11:00 horas – Demostracións de artesanía (canteiros, cesteiros, encaixe, zoqueiros, etc.) na Praza do Berbés.
11:00 horas – Apertura do espazo infantil na Praza do Berbés.
11:30 horas – Presentación do libro sobre Xoán Tilve ‘Gaiteiro de Campañó’ no Espazo Mahou.
12:00 horas – Obradoiro de Danzas do Mundo no Espazo AVC Casco Vello.
13:00 horas – Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
13:00 horas – Actuación do CIOV Regueifeiros no Espazo Mahou.
14:00 horas – Sesión de ‘micro aberto’ no Espazo Mahou.
18:00 horas – Representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol e rúa Gamboa.
19:00 horas – Rendición e embarque das tropas francesas na dársena nº2 do porto de Vigo.
20:30 horas – Concerto de Os Carunchos na Porta do Sol.
21:00 horas – Concerto da ETRAD na Praza do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
22:00 horas – Fin da festa e peche do mercado.