Cándido Conde Pumpido, maxistrado do Tribunal Constitucional, será o encargado de ler o pregón no acto co que cada ano se celebra o Día de Galicia en Vigo. “É unha persoa moi afincada en Vigo e persoa combativa por Vigo. Cando llo pedín hai uns días me dixo que era unha honra para el”, revelou este martes o alcalde, Abel Caballero.
O evento terá lugar nos xardíns do Pazo de Castrelos o xoves 23 de xullo ás 20.00 horas. Por mor da situación sanitaria actual, o aforo estará limitado a 300 persoas e non se desenvolverá no mesmo espazo de sempre, senón no lugar que hai entre o xardín francés e o xardín inglés.
O xurista Conde Pumpido é maxistrado do Tribunal Constitucional e foi con anterioridade membro do Tribunal Supremo (desde 1995) e Fiscal Xeral do Estado (desde 2005 a 2011).