Despois de percorrer unha distancia de 15 quilómetros, desde a sede Vitrasa ata o centro da cidade, a unha velocidade media de 30 km/h o autobús chegou a Porta do Sol onde quedou estacionado á vista e curiosidade dos cidadáns e turistas. “Os autobuses da cidade de Vigo sempre estiveron á vangarda da tecnoloxía do momento, incluso estes primeiros ‘Pegasos’. Actualmente teñen ordenadores de a bordo, motores Euro 6000 diésel máis respectuosos co medio ambiente, sistemas de control e coordinación en tempo real, Wi-Fi, cargadores USB, cámaras no interior, etc.”, asegurou José Antonio Pérez, director xeral de Mobility ADO.
Neste 2018, cúmprese medio século dende que en 1968 o Concello de Vigo otorgara a concesión a Vitrasa para a implantación e explotación do servizo de transporte público de viaxeiros na cidade de Vigo. “Das 4 liñas de largo recorrido coas que Vitrasa iniciou o servicio, hoxe son 33; e o mesmo ocorre co número de vehículos: pasaron de 33 a 136, unha evolución moi palpable”, dixo Juan Carlos Villarino, director xeral de Vitrasa.
Proximamente tense prevista unha exposición itinerante que percorrerá todos os barrios de Vigo na que os cidadáns poderán lembrar a historia desde os inicios.
Ao acto asistiron o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o concelleiro de Fomento, David Regades; a concelleira de transportes e Proxectos Estatais Europeos, Ángeles Marra; o director Xeral e o director xeral adxunto de Mobility ADO, José Antonio Pérez e Aurelio Pérez; o director xeral e o director de Relacións Institucionais e Comunicación de Avanza, Valentín Alonso e Íñigo Prado; e o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino.