O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra repartirán de forma inmediata un total de 54.000 máscaras enviadas este mércores polo Goberno central. Así, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores unha xuntanza coa subdelegada do Goberno, Maica Larriba, para organizar o reparto de outras 43.500 máscaras que o Goberno acaba de enviar a Vigo.
“Estas novas máscaras van a ser repartidas entre os cidadáns”, sinalou o rexedor antes de explicar que estudará a forma e os lugares nos que se entregarán. Este material de protección súmase ás 30.000 máscaras repartidas o luns e o martes entre os traballadores da cidade, material que procedía tamén do Goberno.
Pola súa banda, Deputación de Pontevedra distribuirá un total de 57.000 mascarillas (10.100 na comarca de Vigo), do reparto da Delegación do Goberno, que estarán destinadas aos colectivos máis vulnerables de cada vila, de menos de 20.000 habitantes.
En concreto, ás persoas máis maiores ou atendidas por teleasistencia, e ao persoal municipal máis exposto ao virus como o dos servizos de limpeza e recollida de residuos sólidos, empregados do transporte público, traballadores sociais e do SAF ou persoal de protección civil e emerxencias como policía local ou anti incendios.
O reparto deste material de protección entre os concellos faise en función de dous criterios obxectivos, unha cantidade lineal por tramos de poboación: de hasta 3.000 habitantes, de 3.000 a 5.000, de 5.000 a 10.000, de 10.000 a 15.000 e de 15.000 a 20.000. A esta cantidade se engade unha segunda partida destinada a aqueles concellos que teñen un maior factor de sobre envellecemento.
Atendendo a estes criterios, nesta entrega da Deputación, 8.000 mascarillas chegarán este xoves á comarca do Deza-Tabeirós/Terra de Montes; 11.600 ao Salnés; 10.100 á comarca de Vigo; 10.900 á de Pontevedra; 8.500 máscaras serán entregadas nos concellos do Condado-A Paradanta; 2.400 nos do Morrazo e 5.500 nos do Baixo Miño.
VIGO O Porriño 1.300 Nigrán 1.300 Gondomar 1.100 Mos 1.300 Baiona 1.100 Salceda de Caselas 1.000 Soutomaior 1.000 Pazos de Borbén 1.000 Fornelos de Montes 1.000 TOTAL 10.100