O artista vigués Teo Cardalda será o encargado de poñer música á noite deste venres nas festas de Alcabre a partir das 21:00 horas. Detrás do Pazo Os Escudos, ofrecerá un recital con entrada de balde ata completar o aforo, no que o público estará sentado e con distancia cumprindo coa normativa sanitaria. Teo Cardalda, vén de publicar o libro-disco “Claves Líricas. Nove poemas musicalizados de D. Ramón Mª del Valle-Inclán” no que pon música e voz aos versos do autor.
Este domingo, o Concello programa varias actividades máis en Alcabre para celebrar as festas patronais da parroquia. O domingo, ás 13:00 horas, concerto da Banda de Música de Candeán e, pola tarde, ás 19:30 actuación folclórica no marco do ciclo Vente con Nós e, a partir das 20:00 horas, o espectáculo de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Dentro do ciclo de actividades municipais para este verán, o sábado, a Orquestra Clásica ofrece un concerto no Parque de Barreiro ás 20:00 horas e ás 22:00 horas da noite, no Torreiro de Candeán, actuación da Orquesta América, na que será a inauguración do novo espazo para as festas da parroquia.