A Xunta confirmou a noite deste xoves que as análises realizadas no Hospital Alvaro Cunqueiro, e ratificadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, confirman un segundo caso de infección por coronavirus en Vigo. Así, trátase da parella da muller que tamén está infectada e xa é o terceiro caso en Galicia.
Sanidade informou que é un varón de 43 anos, atendido con sintomatoloxía respiratoria nas Urxencias do Chuvi. Ademais, indico que se solicitou a proba de diagnóstico de COVID-19 ante a presenza dunha neumonía bilateral «seguindo os protocolos establecidos».
Así, é o terceiro caso por coronavirus en Galicia. O paciente permanece ingresado nunha habitación illada do hospital vigués en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Tamén alcara que este varón ten vínculo epidemiolóxico coa paciente diagnosticada por coronavirus, tamén na área sanitaria de Vigo.
«A Dirección Xeral de Saúde Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudio de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios», asegura a Xunta.
Dende o Sergas lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto. Tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas. En este caso é para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire). Tamén para as que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén deses lugares.