A Asociación Cultural Bidueiro ten programada xa a seguinte saída. O colectivo sen ánimo de lucro permite aos vigueses descubrir os lugares máis interesantes de Galicia dende o punto de vista do patrimonio e a súa riqueza medioambiental.
Terá lugar o domingo 20 de novembro a Cerdedo-Cotobade para coñecer «O río da montaña máxica». O prazo de inscripción está aberto ata o próximo xoves chamando ao teléfono 686 986 784 de 19.30 a 21.30 horas.
O desprazamento ata o lugar será en autobús ás 8.30 horas. Trátase dunha andaina de 16 kilómetros de dificultade media-baixa que se fará ao longo de tódala xornada.
«Percorreremos históricos camiños de arrieros e gozaremos das ribeiras do río Lérez e Seixo cos seus afluentes e vellos molinos e coñeceremos as aldeas esquecidas nas abas da Serra o Canto», sinalan desde Bidueiro.
A asociación Bidueiro é unha entidade cultural, ambiental e social legalmente constituida dende hai 6 anos que organiza diferentes rutas de sendeirismo e visitas culturais que habitualmente faci na contorna, aínda que tamén polo norte de Portugal e noutras comunidades da xeografía española.