O voceiro do partido, Rubén Pérez, acusou ao Goberno local de “falta de planificación en materia de mobilidade e tráfico” en zonas como Travesas, Castelao ou Camelias e lamentou que non se fixeran “estudos” previos. Esta situación conduce a que, por exemplo, teña que haber presenza policial constante na contorna da Praza de América.
Marea de Vigo incide ademais no feito de que nalgunhas zonas de Vigo haxa operarios “traballando de noite, ata as 03:00 da madrugada algún día”. Esta cuestión resulta moi relevante para a formación, xa que “fainos dubidar de se se está cumprindo a normativa laboral”, sinala Pérez.
Todo isto, subliña o candidato á Alcaldía, “só para que un alcalde poida ‘non’ facer unha nova inauguración”. “Imos poñer moita atención neste tipo de actuacións por parte do Goberno de Abel Caballero e non imos tolerar ningún incumprimento nesta materia, denunciando na Xunta Electoral ou o que consideremos necesario”, conclúe Rubén Pérez.