A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar o impedimento imposto polo Rexistro Civil de Vigo para que unha parella celebre a súa voda en galego. Segundo informa esta entidade, a maxistrada negou a opción de casar en galego sostendo que “o legalmente admitido en dereito” é que o enlace se celebre en castelán con tradución simultánea.
Por iso, a Mesa critica o que considera unha “estranxeirización” da lingua propia de Galicia por parte das administracións públicas. “Unha vez máis”, recorda a vicepresidenta Elsa Quintas, “a cidadanía galega ve vulnerados os seus dereitos lingüísticos por parte das entidades que están chamadas a defendelos”.
A entidade recordar que a ‘Liña do Galego’ é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc., que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego.