O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en Vigo, Silvina Isabel Montenegro. Doutora en Historia pola Universidade Complutense, a diplomática exerce como consulesa xeral de Arxentina en Vigo para os territorios de Galicia, Asturias, León e Zamora.
O encontro serviu como presentación oficial dos dous dirixentes e, ao mesmo tempo, para estreitar lazos entre ambas as administración. Neste sentido, Luis López amosou o seu interese polo labor que realizan desde o consulado a prol dos cidadáns arxentinos que viven na provincia e tendeu a man da Deputación para colaborar en todo o que sexa posible.