O día 28 de xuño celebrouse un acto cultural e unha comida de confraternidade da Irmandade do Dolmen, presidida polo escritor e investigador Luís Chapela Bermúdez. No acto rememorouse o 84 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, que fora promovido por varios intelectuais galegos entre os que estaban Alexandre Bóveda e Daniel Castelao, e que chegou a ser presentado nas Cortes españolas, pero o inicio da guerra civil española truncou o seu desenvolvemento. No acto presentouse “Memoria dás palabras silenciadas”, un caderno de homenaxe ás vítimas do franquismo. Ademais, nomeouse a tres novos membros, todos eles comprometidos con Galicia: o escultor e pintor Camilo Caamaño; o artista gráfico e grabador Néstor Goyanes; e o debuxante, artista gráfico e ilustrador Evaristo Pereira da Torre, que colaborou en moitas ocasións en VigoÉ.