Segundo explicou ante os medios, o goberno local disporá baldosas luminosas con luces LED nas paradas de transporte público (brancas, serigrafiadas co símbolo do autobús) e nos pasos de peóns, conectadas aquí coas fases dos semáforos (vermella e verde).
Neste aspecto, o Concello contempla a instalación dun punto de recarga de teléfonos móbiles e unha fonte accesible. A humanización inclúe unha mellora na eficiencia enerxética mediante a renovación completa da instalación do alumeado con lámpadas de baixo consumo, das canalizacións de saneamento e abastecemento e a execución dunha rede de baixa tensión e outra de telecomunicacións soterrada, para substituir ás actuais conduccións de fachada. En total, Caballero destacou o cambio de 3,5 quilómetros de canalizacións soterradas.
O proxecto estipula un total de 3.265 metros cadrados de superficie de beirarrúas de granito, 15 refuxios axardinados para os colectores de basura, 140 metros lineais de xardineiras lineais e curvas, 13 novas árbores e bandas conmemorativas nos edificios e elementos emblemáticos. Caballero adiantou que a próxima fase da humanización da Avenida comezará no verán e chegará ata Sanjurjo Badía.