A área sanitaria de Vigo celebrou este luns a súa homenaxe ao persoal dos centros de primaria e hospitalaria xubilado durante o 2021. Dada a situación epidemiolóxica da pandemia, a celebración realizouse cun formato reducido, distribuíndo aos homenaxeados en varios grupos para evitar unha elevada concentración de xente. Estas despedidas oficiais foron presididos polo xerente, Javier Puente.
Aínda que este ano os homenaxeados non puideron estar acompañados polos seus familiares e compañeiros, si puideron sentir o seu agarimo e respecto; e, por suposto, tampouco faltou a súa merecida alfombra vermella. En total, xubiláronse 171 traballadores de todas as categorías profesionais: 40 facultativos (21 médicos de primaria y 19 hospitalaria); 94 sanitarios non facultativos; e 37 persoal non sanitario.
Nesta homenaxe, entregóuselles varios regalos institucionais: unha serigrafía dunha obra doada polo artista vigués Mingos Teixeira; así como o documento identificativo a Tarxeta Dourada, en mostra de agradecemento por todo o seu tempo de dedicación ao servizo público de saúde.
Obra de Teixeira
Este ano tamén continuouse co proxecto de colaboración con artistas galegos. Estes realizan unha doazón dunha obra á sanidade pública viguesa e autorizan a realización dunha tirada limitada de serigrafías, réplicas do orixinal, numeradas e asinadas polo autor, que constitúen o obsequio conmemorativo ao persoal xubilado. Mingos Teixeira foi quen doou a obra “Pomba de vida”, un óleo sobre lenzo.
Tarxeta dourada
A tarxeta dourada, iniciativa posta en marcha hai uns anos, é un documento identificativo que acredita a condición laboral como traballador xubilado da área sanitaria de Vigo, e simboliza o respecto e recoñecemento debidos por parte da Institución. Esta tarxeta é ofertada a todo o persoal que anualmente se xubila. Permite ao persoal en activo dos centros sanitarios públicos identificalo como xubilado do Servizo Galego de Saúde e polo tanto como un compañeiro máis.